miércoles, 18 de abril de 2018
Relacionamos grafía e cantidade
Seguimos mellorando en conteo e xa relacionamos as cantidades cos números que as representan. Ademais, conseguimos superar a fase de cadea irrompible, onde os nenos contan comezando sempre polo número 1, e xa chegamos á fase de cadea rompible, agora xa poden comezar a contar por calquera dos números entre 1 e 10.
jueves, 12 de abril de 2018
Imos de pesca!
O xogo de pescar convertéuse nun dos nosos favoritos. O mellor deste xogo é que seguimos aprendendo á vez que xogamos. Traballamos moito a coordinación óculo-manual e tamén a relación que existe entre as cantidades e as grafias dos números.
Contar e contar...
Dende o inicio do curso estivemos contando e contando. Empregamos moitos materiais diferentes así como distintas situación para evitar que se convertise nunha actividade repetitiva. Primeiro contamos obxetos ordenados e logo desordenados (sin estar en fila). A fin deste conteo era que os nenos e nenas fosen adquirindo a recta numérica e dándolle sentido aos números, é dicir, dándose conta de que cada un indica unha cantidade diferente e sobre todo...que valen para algo! Xa o temos conseguido!
Se non vos funciona o pinchar no vídeo pinchade na palabra ABN.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)