style='position:fixed; top:0; left:0;'/>

jueves, 22 de marzo de 2018

Experimento!!!

Hoxe fixemos un experimento para ver por qué lle crece a barriga a unha muller que está embarazada. Primeiro reunimos os materiais: unha bolsa plástica, un vaso de auga e fetos de distintos tamaños. A continuación, fomos metendo os fetos dende o máis pequeno ata o máis grande e mirando que cada vez necesitábamos máis auga para que puidese vivir. Descubrimos que cada vez a bolsa, igual que a barriga, crecía máis. Tocamos a bolsa cada vez que metíamos un feto novo e observamos que ó principio era moi difícil encontralo pero cando metemos o máis grande podíamos tocalo sin dificultade. Por último observamos que hai que tratar as barrigas das mamás con coidado porque si apretamos ou lle damos golpes facémoslle dano ao bebé. Cando acabamos, os que quixemos nos provamos a "barriga" para sentirnos un pouco "embarazados". Todos estivemos de acord en que as barrigas pesan mooooooito. Cando o feto non tiña xa máis sitio decidimos que era o momento de nacer! Sacámolo con moito coidado e o puxemos abrigadiño e ben quentiño. Encantounos a experiencia. Podedes pinchar na palabra experimento para velo.

Descubrimos aos fetos!

Miramos fotos de fetos e descubrimos que ao principio non parecen bebés e que cando crecen e son como os bebés que vemos e cando nacen. O que máis nos chamou a atención é que están desnudos e que teñen un tubo! Que sería ese tubo? buscando en internet descubrimos que se trata do cordón umbilical e que é por ahí por donde comen. Despois, o debuxamos e alguén preguntou...E se poden debuxar dous? Decubrimos o mundo dos xemelgos sen querelo!Deixámosvos as nosas creacións. Pinchade na palabra bebés.

Chega a clase de 3 anos o primeiro grupo de profes de "mindfulness"!

Esta semana nos visitaron 6 nenos e nenas da clase de 1º de Educación Primaria para axudarnos a dar os primeiros pasos no mindfulness. O primeiro que fixeron foi presentarse e preguntarnos os nosos nomes, e logo, nos presentaron a Tutifruti. Esta é unha ra que práctica o mindfulness e a meditación, ademáis nos dixeron que come moscas, que é verde, que ten un fillo, que ten 6 anos e que ten moitos amigos! Nos ensinaron ao seu fillo, Junior, e a súa amiga o esquío Rasi e ata nos deixaron acaricialos e familiarizarnos con eles! Despois nos ensinaron a posición de mindfulnes: os pes xuntos, as mans nos xeonllos e os ollos pechados. Despois de varios intentos... conseguimos colocarnos! Tamén nos trouxeron un agasallo, unha ra con un globo na boca para hinchar e deixar sair o aire pouco a pouco axudándonos así a controlar a respiración. E para rematar tiña unha sorpresa final! Puxeron unha música tranquila e nos deron unha masaxe na espalada maravillosa. Moitas grazas compañeiros! Volvede cando queirades!





martes, 20 de marzo de 2018

Noraboa Mauro!

Mauro cumplíu 4 anos! Como nos gustou apagar as velas con el!



Cumple de Mauro



Imos de excursión ao cine!


Unha sala de cine, unha peli do circo e todos os nosos amigos para disfrutala, que máis podíamos pedir???? A algúns se nos ocorréusenos algo...nos faltaron as palomitas!!!!😃


Que ben o pasamos no cine!




martes, 13 de marzo de 2018

Cumple de Enzo

Xa temos a un compañeiro máis con 4 anos! Enzo estivo de cumple! Pasámolo xenial axudándolle a apagar as velas unha e outra vez! Noraboa Enzo!!!!

cumple Enzo

miércoles, 7 de marzo de 2018

A Bruxa Brunilda deixounos un agasallo!

Na aula de 3 anos apareceu unha caixa misteriosa...Era un agasallo!Que ganas de saber qué era! Daniela, que era a encargada do día, colleuno e entre todos intentamos saber qué era.



Entre todos, fomos dicindo qué nos parecía que podía ser. As opcións foron: unha pantasma, unha bruxa negra, unha boca grande e un bebé na barriga.
Como non o tiñamos nada claro, fomos a clase de 5 anos a ver si os maiores nos podían axudar Eles nos confirmaron que...ERA UN BEBÉ!!!! 

A continuación, miramos un vídeo para ver cómo se facía e qué era esa "foto".

Por último, falamos do que sabemos sobre os bebés e todo o que os rodea e do que nos gustaría saber. Estas son as nosas conclusións:

Agora tócanos investigar!