style='position:fixed; top:0; left:0;'/>

jueves, 22 de marzo de 2018

Chega a clase de 3 anos o primeiro grupo de profes de "mindfulness"!

Esta semana nos visitaron 6 nenos e nenas da clase de 1º de Educación Primaria para axudarnos a dar os primeiros pasos no mindfulness. O primeiro que fixeron foi presentarse e preguntarnos os nosos nomes, e logo, nos presentaron a Tutifruti. Esta é unha ra que práctica o mindfulness e a meditación, ademáis nos dixeron que come moscas, que é verde, que ten un fillo, que ten 6 anos e que ten moitos amigos! Nos ensinaron ao seu fillo, Junior, e a súa amiga o esquío Rasi e ata nos deixaron acaricialos e familiarizarnos con eles! Despois nos ensinaron a posición de mindfulnes: os pes xuntos, as mans nos xeonllos e os ollos pechados. Despois de varios intentos... conseguimos colocarnos! Tamén nos trouxeron un agasallo, unha ra con un globo na boca para hinchar e deixar sair o aire pouco a pouco axudándonos así a controlar a respiración. E para rematar tiña unha sorpresa final! Puxeron unha música tranquila e nos deron unha masaxe na espalada maravillosa. Moitas grazas compañeiros! Volvede cando queirades!





No hay comentarios:

Publicar un comentario