domingo, 28 de octubre de 2018
Cociñamos...BISCOITO DE CHOCOLATE!!!
Na clase de 4 anos fixemos a nosa primeira receita de cociña. Primeiro fixemos a lista da compra entre todos. Unha vez que tivemos os ingredentes no cole... puxémonos a cociñar!!!Encantounos mezclar os ingredientes. Despois, metemos todo na panificadora e non podíamos deixar de mirar que pasaba...menos mal que ten un cristal enriba para controlar o que hai dentro! Cando conseguimos deixar de mirar...tocamos, ulimos e probamos a fariña, o azucre e o chocolate. Por último, cando rematou de cociñarse o biscoito disfrutamos moito comendoo, convidamos ás profes do cole e levamos un trociño a casa para convidar ás nosas familias.
lunes, 8 de octubre de 2018
Espiral Montessori
Comezamos coa espiral Montessori na aula de 4 anos. Con este exercicio conseguiremos mellorar o noso equilibrio, a postura e a coordinación motora grosa. Ademais, mellora a relación entre atención e movemento. Comezamos coa primeira fase: camiñando cara adiante e o complicamos poñendo música a continuación. Os nenos e nenas tiñan que manter o equilibrio cando a música paraba. Fixémolo xenial así que poremos a proba a seguinte fase. Dous nenos sentironse algo cohibidos e non quixeron ser grabados individualmente e por suposto os respetamos, quizá a próxima vez!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)