lunes, 8 de octubre de 2018
Espiral Montessori
Comezamos coa espiral Montessori na aula de 4 anos. Con este exercicio conseguiremos mellorar o noso equilibrio, a postura e a coordinación motora grosa. Ademais, mellora a relación entre atención e movemento. Comezamos coa primeira fase: camiñando cara adiante e o complicamos poñendo música a continuación. Os nenos e nenas tiñan que manter o equilibrio cando a música paraba. Fixémolo xenial así que poremos a proba a seguinte fase. Dous nenos sentironse algo cohibidos e non quixeron ser grabados individualmente e por suposto os respetamos, quizá a próxima vez!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario