style='position:fixed; top:0; left:0;'/>

viernes, 14 de junio de 2019

Onte fixemos un obradoiro de cociña no cole. Os nenos e nenas de 3 e 4 anos fixemos canapés de chocolate! Disfrutamos moitísimo cociñando, manchando as mans, creando coas decoracións... e sobre todo pasando tempo cos compañeiros!!! E por si fora pouco...que rica nos quedou a merenda!

https://kizoa.es/app161150k1527214

Investigamos sobre Redondela

Estés días, o equipo de Dinamizacion da Lingua Galega propúxonos facer unha investigación sobre Redondela. Aos nenos e nenas de 4 años tocounos a lenda da coca. Este foi o resultado

miércoles, 20 de marzo de 2019

miércoles, 13 de marzo de 2019

Plantamos amorodos e leitugas

Despois de falar das friotas e verduras e de dónde crecen...decidimos plantalas! Neste caso plantamos amorodos e leitugas. Pasámolo xenial, agora tócanos coidalas.

Felicidades Enzo!

Na clase de 4 anos celebramos o cumple de Enzo. Noraboa compañeiro! Xa tes 5 anos!!!!




domingo, 17 de febrero de 2019

Saída ao teatro

O venres fomos ao teatro a ver “Burbujas de papel”, un espectáculo de danza, música e moitos xogos de cor. Encantounos!!! Non podíamos deixar de ver como unha bailarina cambiaba as cores das burbullas co seu baile. Ademais tamén había un trompetista que podía crear burbullas e mais burbullas coa súa música. Toda unha sorte poder disfrutalo. No vídeo tendes unha pequeniña mostra da saída.






https://kizoa.es/app90028k4058571

miércoles, 13 de febrero de 2019

Qué grandes EQUIPOS

Na clase de 4 anos estivemos probando novos materiais, rotuladores fluorescentes e rotuladores con purpurina! Ademáis traballamos en equipo. Antes de comezar, os nenos tiveron que chegar a acordos. O equipo plátano decidíu que calquer debuxo dun membro do equipo era válido. No equipo fresa decidiron facer un debuxo conxunto. O importante non é o resultado senón que é que ambos equipos cumpliron o acordado, respectaron as aportacións e opinións dos demais e se sentiron moi orgullosos do traballo realizado. Moi ven chicos!!!O sentimiento de equipo, de compañerismo, de axuda cara os demais nenos e nenas da clase, de apoio entre eles aumenta cada día. Seguide así!!




FELICIDADES DANI!!

https://kizoa.es/app86071k8985498

jueves, 31 de enero de 2019

Cociñando un biscoito

Hai uns días fixemos unha votación na clase de 4 anos para decidir cal sería a próxima receita que cociñariamos. A proposta gañadora foi... BISCOITO DE VAINILLA!!!Tivemos que investigar cómo se facía xa que ningún de nós sabía... Ao final atopamos a receita e hoxe  nos puxemos mans á masa. Quedounos riquísimo

miércoles, 30 de enero de 2019

Día da paz

Hoxe celebramos no cole o día da PAZ. Para facelo, contamos coa axuda de todas as familias e dos centros culturais da contorna nunha gran recollida de alimentos para o banco de alimentos da provincia de Pontevedra. Hoxe viñeron ó cole dous dos seus responsables para contarnos cal é a súa función e cómo se organizan para lévala a cabo. Ademais, todos os nenos e nenas cantaron unha canción que ensaiaron co profe Antonio. Dende o cole, queremos agradecervos a implicación e colaboración que mostrastes todos e todas nesta iniciativa.
MOITAS MOITAS GRAZAS

Aquí vos deixamos unha pequena mostra deste gran día.
https://kizoa.es/app77047k3916388

jueves, 17 de enero de 2019

Investigamos sobre os cogomelos

Unha mañá na asamblea de 4 anos xurdiron dúbidas en torno ós cogomelos. Que si se poden comr, que si teñen veneno, si se poden recoller… Decidimos investigar para resolvelas todas. Buscamos información en internet e na biblioteca. Despois, traballamos con elas, as ulimos, as tocamos e memsmo as cociñamos! Que rica a nosa pizza de cogomelos! Para rematar, fixemos unha manualidade representando todo o que aprendemos.

miércoles, 16 de enero de 2019

Fin de ano 2018

Que festa máis divertida! Pasámolo xenial bailando, xogando, comendo, bebendo… O que máis nos gustou… o chocolate con churros. Aquí vos deixamos una pequeña mostra do que foi a festa na clase de 4 anos.

jueves, 22 de noviembre de 2018

Almorzos saudables

Que ben almorzamos no cole! Tomamos zume, leite, pan e ovos revoltos con xamón cocido. Non quedou case nada no plato. Ademais visitounos unha amiga moi especial, unha dentadura enoooorme! Grazas a ela puidemos ver a forma axeitada de lavar os dentes. Ademais aprendemos moito sobre a alimentación saudable.

Saída ao castelo de Soutomaior

Aquí vos deixamos as fotos da saída ao Castelo de Soutomaior. Vivimos un día cheo de sorpresas! Visitamos un Castelo onde vivíu un gran cabaleiro, nese Castelo coñecimos a un dragón que tiña algo de fame...e ademais coñecemos aos nenos do cole Coirón-Dena cos que o ano pasado compartimos cartas e experiencias. Nós, regalámoslles un cadro e eles a nós unha árbore que temos plantada no noso patio. Moitas grazas compañeiros! Foi un día xenial.

domingo, 28 de octubre de 2018

Cociñamos...BISCOITO DE CHOCOLATE!!!

Na clase de 4 anos fixemos a nosa primeira receita de cociña. Primeiro fixemos a lista da compra entre todos. Unha vez que tivemos os ingredentes no cole... puxémonos a cociñar!!!Encantounos mezclar os ingredientes. Despois, metemos todo na panificadora e non podíamos deixar de mirar que pasaba...menos mal que ten un cristal enriba para controlar o que hai dentro! Cando conseguimos deixar de mirar...tocamos, ulimos e probamos a fariña, o azucre e o chocolate. Por último, cando rematou de cociñarse o biscoito disfrutamos moito comendoo, convidamos ás profes do cole e levamos un trociño a casa para convidar ás nosas familias.

lunes, 8 de octubre de 2018

Espiral Montessori

Comezamos coa espiral Montessori na aula de 4 anos. Con este exercicio conseguiremos mellorar o noso equilibrio, a postura e a coordinación motora grosa. Ademais, mellora a relación entre atención e movemento. Comezamos coa primeira fase: camiñando cara adiante e o complicamos poñendo música a continuación. Os nenos e nenas tiñan que manter o equilibrio cando a música paraba. Fixémolo xenial así que poremos a proba a seguinte fase. Dous nenos sentironse algo cohibidos e non quixeron ser grabados individualmente e por suposto os respetamos, quizá a próxima vez!

domingo, 23 de septiembre de 2018

Repasando...

Comezamos o curso repasando! Facémolo xenial polo que podemos seguir avanzando. Recordade que agora os nosos vídeos aparecerán na pestana de 4 anos.

sábado, 22 de septiembre de 2018

Benvidos

Benvidos nenos e nenas e benvidas familias! Xa estamos preparados para unha nova aventura. Este setembro comeza unha viaxe gastronómica! Subide ao tren...que arrancamos!!

lunes, 14 de mayo de 2018

Repartimos en cantidades iguais.

Os nenos e nenas de 3 anos xa conseguimos repartir en cantidades iguais. Cada un emprega a súa estratexia pero todos chegamos a un resultado correcto. Ademais, contamos os elementeos desordenados, sen estar en fila, co  difícil que é!! estamos feitos uns campións!