style='position:fixed; top:0; left:0;'/>

jueves, 22 de noviembre de 2018

Almorzos saudables

Que ben almorzamos no cole! Tomamos zume, leite, pan e ovos revoltos con xamón cocido. Non quedou case nada no plato. Ademais visitounos unha amiga moi especial, unha dentadura enoooorme! Grazas a ela puidemos ver a forma axeitada de lavar os dentes. Ademais aprendemos moito sobre a alimentación saudable.

Saída ao castelo de Soutomaior

Aquí vos deixamos as fotos da saída ao Castelo de Soutomaior. Vivimos un día cheo de sorpresas! Visitamos un Castelo onde vivíu un gran cabaleiro, nese Castelo coñecimos a un dragón que tiña algo de fame...e ademais coñecemos aos nenos do cole Coirón-Dena cos que o ano pasado compartimos cartas e experiencias. Nós, regalámoslles un cadro e eles a nós unha árbore que temos plantada no noso patio. Moitas grazas compañeiros! Foi un día xenial.

domingo, 28 de octubre de 2018

Cociñamos...BISCOITO DE CHOCOLATE!!!

Na clase de 4 anos fixemos a nosa primeira receita de cociña. Primeiro fixemos a lista da compra entre todos. Unha vez que tivemos os ingredentes no cole... puxémonos a cociñar!!!Encantounos mezclar os ingredientes. Despois, metemos todo na panificadora e non podíamos deixar de mirar que pasaba...menos mal que ten un cristal enriba para controlar o que hai dentro! Cando conseguimos deixar de mirar...tocamos, ulimos e probamos a fariña, o azucre e o chocolate. Por último, cando rematou de cociñarse o biscoito disfrutamos moito comendoo, convidamos ás profes do cole e levamos un trociño a casa para convidar ás nosas familias.

lunes, 8 de octubre de 2018

Espiral Montessori

Comezamos coa espiral Montessori na aula de 4 anos. Con este exercicio conseguiremos mellorar o noso equilibrio, a postura e a coordinación motora grosa. Ademais, mellora a relación entre atención e movemento. Comezamos coa primeira fase: camiñando cara adiante e o complicamos poñendo música a continuación. Os nenos e nenas tiñan que manter o equilibrio cando a música paraba. Fixémolo xenial así que poremos a proba a seguinte fase. Dous nenos sentironse algo cohibidos e non quixeron ser grabados individualmente e por suposto os respetamos, quizá a próxima vez!

domingo, 23 de septiembre de 2018

Repasando...

Comezamos o curso repasando! Facémolo xenial polo que podemos seguir avanzando. Recordade que agora os nosos vídeos aparecerán na pestana de 4 anos.

sábado, 22 de septiembre de 2018

Benvidos

Benvidos nenos e nenas e benvidas familias! Xa estamos preparados para unha nova aventura. Este setembro comeza unha viaxe gastronómica! Subide ao tren...que arrancamos!!

lunes, 14 de mayo de 2018

Repartimos en cantidades iguais.

Os nenos e nenas de 3 anos xa conseguimos repartir en cantidades iguais. Cada un emprega a súa estratexia pero todos chegamos a un resultado correcto. Ademais, contamos os elementeos desordenados, sen estar en fila, co  difícil que é!! estamos feitos uns campións!

viernes, 4 de mayo de 2018

Noraboa Carlos

Hoxe celebramos no cole o cumple de Carlos. Qué ben o pasamos soplando, cantando e xogando. Por último fixemos una festa de baile. Noraboa Carlos!!!


jueves, 3 de mayo de 2018

Xa non somos bebés!

Esta semana os nenos e nenas de 3 anos trouxemos ao cole obxectos de cando éramos bebés. Démonos conta de que crecemos moitísimo! Ademais seguimos mellorando como grupo xa que vimos que temos máis cosas en común do que pensabamos, en todas as bolsas había cousas que a todos nos gustaban e que empregaramos cando éramos pequeniños. Aquí vos deixamos o enlace para que vexades canto disfrutamos con esta actividade.


miércoles, 2 de mayo de 2018

Somos profes de ioga

Os nenos e nenas de 3 anos fomos profes de ioga! Convidamos aos compañeiros de primeiro a compartir con nós unha das nosas sesións semanais. Disfrutamos moita da súa compañía. Moitas grazas compañeiros! Tedes máis información e un vídeo no enlace ao blogue do departamento de orientación.

Vídeo sesión de ioga

miércoles, 18 de abril de 2018

Relacionamos grafía e cantidade

Seguimos mellorando en conteo e xa relacionamos as cantidades cos números que as representan. Ademais, conseguimos superar a fase de cadea irrompible, onde os nenos contan comezando sempre polo número 1, e xa chegamos á fase de cadea rompible, agora xa poden comezar a contar por calquera dos números entre 1 e 10.

jueves, 12 de abril de 2018

Taller de grafismo

Canto se aprende pintando...

Imos de pesca!

O xogo de pescar convertéuse nun dos nosos favoritos. O mellor deste xogo é que seguimos aprendendo á vez que xogamos. Traballamos moito a coordinación óculo-manual e tamén a relación que existe entre as cantidades e as grafias dos números.

Contar e contar...

Dende o inicio do curso estivemos contando e contando. Empregamos moitos materiais diferentes así como distintas situación para evitar que se convertise nunha actividade repetitiva. Primeiro contamos obxetos ordenados e logo desordenados (sin estar en fila). A fin deste conteo era que os nenos e nenas fosen adquirindo a recta numérica e dándolle sentido aos números, é dicir, dándose conta de que cada un indica unha cantidade diferente e sobre todo...que valen para algo! Xa o temos conseguido! Se non vos funciona o pinchar no vídeo pinchade na palabra ABN.

jueves, 22 de marzo de 2018

Experimento!!!

Hoxe fixemos un experimento para ver por qué lle crece a barriga a unha muller que está embarazada. Primeiro reunimos os materiais: unha bolsa plástica, un vaso de auga e fetos de distintos tamaños. A continuación, fomos metendo os fetos dende o máis pequeno ata o máis grande e mirando que cada vez necesitábamos máis auga para que puidese vivir. Descubrimos que cada vez a bolsa, igual que a barriga, crecía máis. Tocamos a bolsa cada vez que metíamos un feto novo e observamos que ó principio era moi difícil encontralo pero cando metemos o máis grande podíamos tocalo sin dificultade. Por último observamos que hai que tratar as barrigas das mamás con coidado porque si apretamos ou lle damos golpes facémoslle dano ao bebé. Cando acabamos, os que quixemos nos provamos a "barriga" para sentirnos un pouco "embarazados". Todos estivemos de acord en que as barrigas pesan mooooooito. Cando o feto non tiña xa máis sitio decidimos que era o momento de nacer! Sacámolo con moito coidado e o puxemos abrigadiño e ben quentiño. Encantounos a experiencia. Podedes pinchar na palabra experimento para velo.

Descubrimos aos fetos!

Miramos fotos de fetos e descubrimos que ao principio non parecen bebés e que cando crecen e son como os bebés que vemos e cando nacen. O que máis nos chamou a atención é que están desnudos e que teñen un tubo! Que sería ese tubo? buscando en internet descubrimos que se trata do cordón umbilical e que é por ahí por donde comen. Despois, o debuxamos e alguén preguntou...E se poden debuxar dous? Decubrimos o mundo dos xemelgos sen querelo!Deixámosvos as nosas creacións. Pinchade na palabra bebés.

Chega a clase de 3 anos o primeiro grupo de profes de "mindfulness"!

Esta semana nos visitaron 6 nenos e nenas da clase de 1º de Educación Primaria para axudarnos a dar os primeiros pasos no mindfulness. O primeiro que fixeron foi presentarse e preguntarnos os nosos nomes, e logo, nos presentaron a Tutifruti. Esta é unha ra que práctica o mindfulness e a meditación, ademáis nos dixeron que come moscas, que é verde, que ten un fillo, que ten 6 anos e que ten moitos amigos! Nos ensinaron ao seu fillo, Junior, e a súa amiga o esquío Rasi e ata nos deixaron acaricialos e familiarizarnos con eles! Despois nos ensinaron a posición de mindfulnes: os pes xuntos, as mans nos xeonllos e os ollos pechados. Despois de varios intentos... conseguimos colocarnos! Tamén nos trouxeron un agasallo, unha ra con un globo na boca para hinchar e deixar sair o aire pouco a pouco axudándonos así a controlar a respiración. E para rematar tiña unha sorpresa final! Puxeron unha música tranquila e nos deron unha masaxe na espalada maravillosa. Moitas grazas compañeiros! Volvede cando queirades!





martes, 20 de marzo de 2018

Noraboa Mauro!

Mauro cumplíu 4 anos! Como nos gustou apagar as velas con el!



Cumple de Mauro



Imos de excursión ao cine!


Unha sala de cine, unha peli do circo e todos os nosos amigos para disfrutala, que máis podíamos pedir???? A algúns se nos ocorréusenos algo...nos faltaron as palomitas!!!!😃


Que ben o pasamos no cine!




martes, 13 de marzo de 2018

Cumple de Enzo

Xa temos a un compañeiro máis con 4 anos! Enzo estivo de cumple! Pasámolo xenial axudándolle a apagar as velas unha e outra vez! Noraboa Enzo!!!!

cumple Enzo

miércoles, 7 de marzo de 2018

A Bruxa Brunilda deixounos un agasallo!

Na aula de 3 anos apareceu unha caixa misteriosa...Era un agasallo!Que ganas de saber qué era! Daniela, que era a encargada do día, colleuno e entre todos intentamos saber qué era.



Entre todos, fomos dicindo qué nos parecía que podía ser. As opcións foron: unha pantasma, unha bruxa negra, unha boca grande e un bebé na barriga.
Como non o tiñamos nada claro, fomos a clase de 5 anos a ver si os maiores nos podían axudar Eles nos confirmaron que...ERA UN BEBÉ!!!! 

A continuación, miramos un vídeo para ver cómo se facía e qué era esa "foto".

Por último, falamos do que sabemos sobre os bebés e todo o que os rodea e do que nos gustaría saber. Estas son as nosas conclusións:

Agora tócanos investigar!



jueves, 22 de febrero de 2018

Inicio ABN

Fai uns meses, na aula de 3 anos, comezamos a desenvolver o noso pensamento loxico-matemático a través da metodoloxía que acompaña ao algoritmo ABN. Este vídeo mostra os nosos primeiros pasos, a diferenciación "Moitos-Poucos", que foi a base de todo o que aprendemos a continuación.


Moitos-Poucos


lunes, 19 de febrero de 2018

Ioga

https://youtu.be/cexo3Vg_r-E
Os nenos e nenas de 3 e 5 anos compartimos unha sesión de ioga. Pinchade na foto para ver o ben que o facemos!

Hoxe fomos de excursión

Hoxe fomos de excursión ao Teatro Afundación. Miramos a obra "O neno e o grilo 2". Encantounos!

O gran circo de Porto-Cabeiro

Este anos tivemos un festival de Entroido cheo de maxia, luz e color! Moitas felicidades aos artistas!!!Podedes ver o festival completo pinchando na foto.




https://youtu.be/xzpsyjhy8PE
                                                     
                     


jueves, 8 de febrero de 2018

Felicidades Dani!

Na clase de 3 anos celebramos o cumple de Dani. Soplamos as velas e rematamos con música e baile. Pasámolo xenial!!!

domingo, 4 de febrero de 2018

FESTA DO XOGUETE NO COLE!!

Os nen@s trouxeron o seu xoguete preferido ao cole para compartilo cos seus compañeir@s. Foi moi divertido!!

lunes, 22 de enero de 2018

A ponte de números!

Hoxe na clase de 3 anos construimos una ponte de números. Soamente podíamos cruzar polo número que nos salía no dado para non mollar os pes! Ademais, ao acabar cada un debía buscar a súa casa. Fixérono de maravilla!

domingo, 21 de enero de 2018

CANTAS COUSAS PASARON NO COLE ESTA SEMANA!

Comezamos xa o luns merendando froita. Comemos plátano, mazá, mandarina e pera. Estaba boísima!






Ademais... tivemos una visita moi especial! visitounos un mago de verdade, menudos trucos nos ensinou! Pasámolo xenial.



lunes, 1 de enero de 2018

Festival de Nadal

Deixámosvos os vídeos do Nadal. Pinchade nos enlaces de debaixo da foto para ver qué pedazo de artistas temos en Porto-Cabeiro!