style='position:fixed; top:0; left:0;'/>

lunes, 14 de mayo de 2018

Repartimos en cantidades iguais.

Os nenos e nenas de 3 anos xa conseguimos repartir en cantidades iguais. Cada un emprega a súa estratexia pero todos chegamos a un resultado correcto. Ademais, contamos os elementeos desordenados, sen estar en fila, co  difícil que é!! estamos feitos uns campións!

viernes, 4 de mayo de 2018

Noraboa Carlos

Hoxe celebramos no cole o cumple de Carlos. Qué ben o pasamos soplando, cantando e xogando. Por último fixemos una festa de baile. Noraboa Carlos!!!


jueves, 3 de mayo de 2018

Xa non somos bebés!

Esta semana os nenos e nenas de 3 anos trouxemos ao cole obxectos de cando éramos bebés. Démonos conta de que crecemos moitísimo! Ademais seguimos mellorando como grupo xa que vimos que temos máis cosas en común do que pensabamos, en todas as bolsas había cousas que a todos nos gustaban e que empregaramos cando éramos pequeniños. Aquí vos deixamos o enlace para que vexades canto disfrutamos con esta actividade.


miércoles, 2 de mayo de 2018

Somos profes de ioga

Os nenos e nenas de 3 anos fomos profes de ioga! Convidamos aos compañeiros de primeiro a compartir con nós unha das nosas sesións semanais. Disfrutamos moita da súa compañía. Moitas grazas compañeiros! Tedes máis información e un vídeo no enlace ao blogue do departamento de orientación.

Vídeo sesión de ioga