style='position:fixed; top:0; left:0;'/>

jueves, 22 de noviembre de 2018

Almorzos saudables

Que ben almorzamos no cole! Tomamos zume, leite, pan e ovos revoltos con xamón cocido. Non quedou case nada no plato. Ademais visitounos unha amiga moi especial, unha dentadura enoooorme! Grazas a ela puidemos ver a forma axeitada de lavar os dentes. Ademais aprendemos moito sobre a alimentación saudable.

Saída ao castelo de Soutomaior

Aquí vos deixamos as fotos da saída ao Castelo de Soutomaior. Vivimos un día cheo de sorpresas! Visitamos un Castelo onde vivíu un gran cabaleiro, nese Castelo coñecimos a un dragón que tiña algo de fame...e ademais coñecemos aos nenos do cole Coirón-Dena cos que o ano pasado compartimos cartas e experiencias. Nós, regalámoslles un cadro e eles a nós unha árbore que temos plantada no noso patio. Moitas grazas compañeiros! Foi un día xenial.