style='position:fixed; top:0; left:0;'/>

jueves, 31 de enero de 2019

Cociñando un biscoito

Hai uns días fixemos unha votación na clase de 4 anos para decidir cal sería a próxima receita que cociñariamos. A proposta gañadora foi... BISCOITO DE VAINILLA!!!Tivemos que investigar cómo se facía xa que ningún de nós sabía... Ao final atopamos a receita e hoxe  nos puxemos mans á masa. Quedounos riquísimo

miércoles, 30 de enero de 2019

Día da paz

Hoxe celebramos no cole o día da PAZ. Para facelo, contamos coa axuda de todas as familias e dos centros culturais da contorna nunha gran recollida de alimentos para o banco de alimentos da provincia de Pontevedra. Hoxe viñeron ó cole dous dos seus responsables para contarnos cal é a súa función e cómo se organizan para lévala a cabo. Ademais, todos os nenos e nenas cantaron unha canción que ensaiaron co profe Antonio. Dende o cole, queremos agradecervos a implicación e colaboración que mostrastes todos e todas nesta iniciativa.
MOITAS MOITAS GRAZAS

Aquí vos deixamos unha pequena mostra deste gran día.
https://kizoa.es/app77047k3916388

jueves, 17 de enero de 2019

Investigamos sobre os cogomelos

Unha mañá na asamblea de 4 anos xurdiron dúbidas en torno ós cogomelos. Que si se poden comr, que si teñen veneno, si se poden recoller… Decidimos investigar para resolvelas todas. Buscamos información en internet e na biblioteca. Despois, traballamos con elas, as ulimos, as tocamos e memsmo as cociñamos! Que rica a nosa pizza de cogomelos! Para rematar, fixemos unha manualidade representando todo o que aprendemos.

miércoles, 16 de enero de 2019

Fin de ano 2018

Que festa máis divertida! Pasámolo xenial bailando, xogando, comendo, bebendo… O que máis nos gustou… o chocolate con churros. Aquí vos deixamos una pequeña mostra do que foi a festa na clase de 4 anos.