style='position:fixed; top:0; left:0;'/>

miércoles, 7 de marzo de 2018

A Bruxa Brunilda deixounos un agasallo!

Na aula de 3 anos apareceu unha caixa misteriosa...Era un agasallo!Que ganas de saber qué era! Daniela, que era a encargada do día, colleuno e entre todos intentamos saber qué era.



Entre todos, fomos dicindo qué nos parecía que podía ser. As opcións foron: unha pantasma, unha bruxa negra, unha boca grande e un bebé na barriga.
Como non o tiñamos nada claro, fomos a clase de 5 anos a ver si os maiores nos podían axudar Eles nos confirmaron que...ERA UN BEBÉ!!!! 

A continuación, miramos un vídeo para ver cómo se facía e qué era esa "foto".

Por último, falamos do que sabemos sobre os bebés e todo o que os rodea e do que nos gustaría saber. Estas son as nosas conclusións:

Agora tócanos investigar!



No hay comentarios:

Publicar un comentario